Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Mobilizacións en Navantia polo incumprimento do convenio

    29/01/2021.
    Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

    Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

    Os traballadores e traballadoras de Navantia estanse a mobilizar esta semana polo incumprimento de varios puntos do convenio colectivo. «A actitude da empresa é non colaborar», denuncia o presidente do comité, Emilio García Juanatey (CCOO).

    Desde a sección sindical de CCOO alertan de que o principal problema é a falta de carga de traballo. A isto súmase que o convenio vixente vai caducar e que hai cuestións que están paradas, como o seguimento do plan industrial, ao tempo que nin sequera se convocou a comisión de industria auxiliar.

    Precisamente, o persoal das industrias auxiliares está a secundar as mobilizacións dos compañeiros e compañeiros de Navantia.